PÁGINAS RELACIONADAS / PESTAÑAS

BLOG

Curiosidades: os próximos 26 anos será luns de pascua (festa do San Benito en Penouta)...

próximas fechas del san benito
año día  mes curiosidades
201125abrilfecha más tardía que se conoce
20129abril
20131abril
201421abril
20156abril
201628marzo
201717abrilaño y día coinciden en número
20182abril
201922abril
202013abril
20215abril
202218abril
202310abril
20241abrilse repite la secuencia consecutiva de 2013 a 2015
202521abril
20266abril
202729marzo
202817abrilse repite la secuecia consecutiva del 2017 a 2019
20292abril
203022abril
203114abril
203229marzo
203318abrilse repite la secuencia consecutiva de 2022 y 2023
203410abril
203526marzo
203614abril
20376abril


________________________________



Luns de Pascua en Penouta.
 


O que noutros tempos fose uns grandes festexos, hoxe tan só se queda na devoción e na honra ó santo patrón San Benito. Pese a todo, nunca cansarei de escoitar contos, anécdotas, aventuras e lembranzas.

Penouta, xa non é o que era, e foi o que xa non é. Nembargantes índa queda moito orgullo dentro de outros moitos corazóns que se reparten por outras latitudes e por outros lares.


Imaxe do San Benito

A data repítese cada ano, subindo e baixando no almanaque. Ninguén hoxe aquí lembra o que coincide este ano: a festa do San Xurxo en Vilamartín, antes que a “festa” de Penouta, pero de seguro que xa terá pasado no trascurso da historia. E todo por culpa da Lúa. Si, da Lúa dixen ben, que é a causante de que o calendario relixioso se determine segundo a súa posición co astro Sol, que é o responsable do almanaque occidental.

Teorías aparte, Penouta non abandona de todo a súa festividade, se ben se ve obrigada a compartila cos veciños de Vilamartín. Iso si, o luns 25 de abril de 2011, celébranse misas en honra ó noso santiño miragreiro e ben querido por moitos e moitas.

A ocasión require da súa importancia, e Penouta viste de gala, con aspectos mellorados ó redor da Capela do San Benito. A praza da fonte anexa foi nestes días acondicionada, polo Concello, xunto co camiño que sube ó cemiterio e ós depósitos.


O novo Altar xa preside a Capela

E por si fose pouco, dentro da pequena ermita, estrénase altar: un agasallo cortesía de “Esculpedra y Barreiro, S.L.” y “C. H. Paladium”. A fermosa peza componse de granito e pizarra, moi ben conxugadas pra non romper coa armonía da capela restaurada. A Asociación Cultural de veciños “San Benito” de Penouta, amosouse moi satisfeita e agradecida por esta doazón.

Gustaríame rematar desexando para estas festas, que non se esquezan na memoria popular, e ogallá voltasen aqueles anos e tempadas de barullo e troula, cando a xente acudía para pasar o día en familia, en amigos, e sobre todo, para disfrutar.




Aspecto mellorado que presenta a fonte da praza anexa á Capela




Xa está encementado o camiño que sube a Río Seco.
  

As misas terán lugar na Capela o luns 25 de abril de 2011, no transcurso da mañá