PÁGINAS RELACIONADAS / PESTAÑAS

ARCHIVO

OS DEPÓSITOS DA ATRAIDA DA AUGA E A POZA DO MACELO

   Ainda nos tempos que corren temos que soportar que certos servicios, como é o caso da atraída de auga, nos esté a dar tantos problemas... Temos solicitado ó Concello que nos arranxen os depósitos do Macelo, onde se ubica unha poza grande, antigamente para servicio de rega das parcelas da zona, hoxe en desuso e totalmente abandonada e deteriorada.
   Este outono o Concello abriu por fin unha pista de terra para maior acceso, pois cada dous por tres, temos que ir a limpar os pequenos depósitos que se tupen por mor da suciedade e sedimentos que arrastra a auga polo arroio, facendo que esta non chege os depósitos do pueblo que a distribúen os nosos fogares. Neste momento, os depósitos da atraída, coma se pode observar nas fotografías non dispoñen de tapa, o que facilita que a auga se encha de follas ou poidan caer animais dentro.
   Polo de agora bastaría con poder tapalos, mentres que non se soluciona a maneira de acondicionar a antiga poza, para dar cabida a unha maior reserva de auga recollida, sobre todo para casos de emerxencia. Auga hai de abondo, sobre todo mentras os anos veñan chuviosos ou con nevaradas... pero nos veráns, podríase chegar o caso de sequía. Ata o momento aínda non pasou, e espermos non chegue a pasar... mais non estaría mal estar previdos.
A poza daría maior capacidade para a atraída da auga. (A poza abandonada vese ó fodo dereita, mentres que os depósitos teñen menos capacidade).

Os pequenos depósitos da atraída, sen tapa.

Os depósitos presentan unha estructura xa moi deteriorada, polo paso do tempo e a propia erosión da auga.

A poza do Macelo, que antigamente servía para a rega das terras do lugar.

O estado destes depósitos é ruinoso i están obsoletos.

A poza está situada ós pés dos pequenos depósitos da atraída da auga.